Ataide
Ataide
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe probablemente de orixe galega que leva como armas: en campo de sable, unha torre de pedra ameada, coa súa homenaxe e contramuro; e dúas bandeiras brancas, cada unha de dúas puntas enarboradas en hastas de ouro, saíndo da homenaxe. Outra variante trae, nos cuarteis primeiro e cuarto, un león rampante da súa cor natural, en campo de prata; no segundo e terceiro, unha cruz branca de San Xoán, en campo de goles. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer coa variante gráfica Atayde.