Ataín

Ataín

Illa do litoral da parroquia de Soesto, concello de Laxe. Está situada fronte ao tramo de costa comprendido entre as praias de Castrallón, ao N, e de Arnao, ao S, na entrada da enseada Mexadoira. Litoloxicamente pertence á mesma unidade ca os Penedos da Traba, cun granito de dúas micas.