Atalía

Atalía

Raíña de Xudá (841 a C - 835 a C). Filla (ou irmá) de Acab, Rei de Israel, casou con Ioram, Rei de Xudá. Morto Ioram (841 a C) e o seu fillo Ocozías (840 a C), Atalía reinou sobre Xudá durante sete anos, ata que unha conspiración entronizou o seu neto Ioax e foi asasinada. A súa vida foi utilizada en argumentos de óperas e oratorios, destacando o Atalía de Händel.