atapascano -na

atapascano -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos atapascanos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo dunha gran familia de pobos indíxenas de América do Norte constituída por etnias moi diversas culturalmente e antropoloxicamente, que teñen en común a orixe histórica e o parentesco lingüístico consecuente. O centro de dispersión dos atapascanos é probablemente a zona do lago Athabasca, Canadá. Desde este punto, e ata o s XVI, estendéronse cara ao S, ao longo do O dos EEUU, ata chegar ás fronteiras actuais de México. O grupo da área cultural do sudoeste é o máis numeroso e homoxéneo (apache, navaho, kiowa-apache, etc). Actualmente quedan uns 120.000 individuos.

  3. linguas atapascanas [LING]

    Grupo de linguas faladas no Canadá. O lingüista Sapir engadiu ao atapascano as linguas haida, tlingit e eyak, e constituíu a gran familia na-dené. A lingua atapascana máis coñecida actualmente é o navaho que, cuns 140.000 falantes, é unha das linguas de América con máis vitalidade.

Palabras veciñas

atanguer | ataniscar | atanor | atapascano -na | Atapuerca | Atapuerca, Batalla de | ataque