Ateneo
Ateneo
[PUBLIC]
Boletín bilingüe aparecido en decembro de 1978 en Ferrol. Cambiou o seu nome polo de Ateneo Ferrolán. Informaba sobre as diversas vocalías do Ateneo da cidade: arqueoloxía, música, humanidades, teatro e artes, entre outras. Xunto a isto, incluía poesías de A. Martínez Barcón e Celso E. Ferreiro, traballos sobre o medio ambiente de D. Quiroga e sobre Manoel Antonio de X. M. Dobarro, nos seus distintos números. Tamén incluíron algunhas caricaturas de Siro.