2 atestado -da

2 atestado -da

(

  1. p reg

    de atestar.

    Ex: Os descubrimentos foron atestados polos investigadores nas actas do congreso.

  2. s m [DER]

    Conxunto de dilixencias (declaracións, investigacións, informes, etc) ao redor dun presunto delito, practicadas pola policía xudicial, ben porque non tiveran coñecemento por si mesmas, ben a consecuencia dunha denuncia, e que son comunicadas ao ministerio fiscal ou á autoridade xudicial. Ten efectos informativos, non probatorios, dos feitos investigados, se as actuacións practicadas non son ratificadas en presenza do xuíz ou tribunal.

  3. s m [DER]

    Documento no que se fai constar a veracidade dun asunto.

  4. s m

    Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bens, capital, riqueza’.

Palabras veciñas

atesourar | atestación | 1 atestado -da | 2 atestado -da | atestante | 1 atestar | 2 atestar