atrio

atrio

(

  1. s m [ARQUIT]
    1. Espacio limitado por columnas na parte anterior, que precede a un templo, un palacio ou a outro edificio suntuoso.

      Ex: Os albaneis traballan no atrio do pazo.

      Sinónimos: anteigrexa, pórtico. Confrontacións: adro.
    2. Espacio descuberto no interior dos conventos ou doutras edificacións adoito rodeado de pórticos e de carácter público.

      Ex: Tirou fotos no atrio do convento.

      Sinónimos: claustro.
    3. Patio interior no centro da casa romana de tradición etrusca, ao redor do que se abren as distintas estancias; polo xeral, á dereita e esquerda os dormitorios e, ao fondo, o despacho ou tablinum.

      Ex: Atoparon restos de vasillas no atrio do xacemento.

  2. s m [ZOOL]
    1. Nome aplicado a diversas cavidades de diferentes animais.

    2. Parte principal da caixa timpánica situada inmediatamente debaixo do martelo.

    3. aurícula.

    4. Cavidade que, en moitos procordados, envolve as branquias e pola que pasa a auga despois de bañalas.

    5. Cavidade onde se invaxinan os tentáculos dos briozoos.

    6. Cavidade gastral das esponxas.

    7. Unha das cavidades do corazón embrionario dos vertebrados a partir da que se orixinan as aurículas do corazón do adulto.

  3. s m [BOT]

    Cavidade dos poros areolados, medio partida pola membrana oclusiva ou opercular, e limitada pola aréola.