Attard Alonso, Emilio

Attard Alonso, Emilio

Avogado e político. En 1975 promoveu a creación do Partido Popular Regional Valenciano, integrado posteriormente na Unión de Centro Democrático (UCD). Foi vicepresidente do Congreso dos Deputados nas lexislaturas constituínte (1977-1979) e primeira (1979-1982).Tamén ocupou o cargo de presidente da Comisión Constitucional, en que presidiu a comisión mixta de delegados desta e da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, que se reuniu en Madrid entre setembro de 1979 e outubro de 1980, para discutir o proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia, elaborado pola Comisión dos nove e que fora ratificado pola Asemblea de Parlamentarios.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : València

  • Falecemento

    Lugar : Rocafort