Attenborough, sir Richard
Attenborough, sir Richard
Actor e director cinematográfico. Despois dunha longa carreira como actor, que comezara no teatro, achegouse ao cine grazas a Noel Coward. Destacou na realización de filmes históricos e biográficos como A brigde too Far (Unha ponte moi lonxe, 1977), Gandhi (Gandhi, 1982), Cry Freedom (Berra Liberdade, 1987), Charlie (Charlie, 1992), biografía de Charlie Chaplin, e Shadowlands (Terra de sombras, 1993). A súa película Oh! What a lovely war (Oh, que guerra tan maravillosa!, 1969), está considerada como un dos filmes máis inconformistas da cinematografía británica que causou, na súa estrea, un grande escándalo debido ao ton sarcástico e irónico que empregaban os propios actores ante a contenda bélica.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Leicester -
Falecemento
Lugar : Reino Unido