Attlee, Clement Richard
Político e estadista. Deputado laborista desde 1922, formou parte do goberno de MacDonald (1929-1931) e do goberno de coalición presidido por Churchill (1940-1945) durante a Segunda Guerra Mundial. En 1945, logo da vitoria electoral dos laboristas, pasou a ser Primeiro Ministro. Como xefe de goberno abordou unha serie de reformas entre as que destacan a nacionalización das industrias pesadas ou a posta en marcha dos seguros de enfermidade e de asistencia sanitaria, establecendo os alicerces do sistema de seguridade social que se estendería por toda Europa Occidental. En política exterior continuou coa alianza cos EE UU mentres que, no que atinxe á política colonial, durante o seu goberno concedéuselle a independencia á India, Paquistán, Birmania (actual Myanmar) e Ceilán (actual Sri Lanka) en 1948. Desde 1951 -cando os conservadores accederon de novo ao poder- ata 1955 -data na que se retirou da política activa- Attlee foi o xefe da oposición no Parlamento. En 1956 concedéuselle o título de conde.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso