Atwater, factores de
Atwater, factores de
Cantidade de calorías fisioloxicamente dispoñibles a partir dun gramo nos principios inmediatos dos alimentos, tendo en conta as perdas na dixestión e a excreción. Estes factores, que corresponden a 4 para os hidratos de carbono e as proteínas, e a 9 para as graxas, permiten calcular o poder calórico dun alimento a partir da súa composición, xa que non hai máis que multiplicar a proporción de cada principio inmediato polo seu factor correspondente, e en caso de que leve alcohol, engadirlle 7 calorías máis por gramo.