Aubanel, Teodor

Aubanel, Teodor

Poeta occitano. En 1861 publicou La miougrano entreduberto, colección de poemas breves, impregnados de sentimento romántico, onde intenta unificar o estilo da literatura provenzal antiga co sentido popular e realista da literatura occitana renacente. En 1885 tirou do prelo o libro de poemas Li fiho d’Avignoun, dun sentimentalismo exaltado. Tamén é autor de Lou rèire-soulèu (1889) e dos dramas Lou pan dòu pecat (1878) e Lou raubatori (1928).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Aviñón

  • Deceso