Aude
Aude
Río pirenaico do Languedoc (Francia). Nace no lago de Aude e pasa polas cidades de Carcassonne e Narbona, onde verte ao golfo de Lyon logo dun percorrido de 223 km. Drena unha conca de 5.300 km2 e os seus principais afluentes son o Fresquel pola esquerda e o Orbieu pola dereita.