Audiard, Michel
Audiard, Michel
Realizador cinematográfico e escritor. Comezou a súa carreira como director en 1968, cun estilo un tanto simplista e vulgar, realizando filmes que non precisan de ningún esforzo intelectual para a súa comprensión, conformado con personaxes sen consistencia, cos que non se identifican os espectadores. Dirixiu Faut pas prendre les enfants du bon Dieu pour des canards sauvages (Non é preciso considerar os rapaces do bo Deus como parrulos salvaxes, 1968), Vive la France! (Viva Francia!, 1974) e Bons baisers a lundi (Bos bicos os luns, 1974).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Francia -
Deceso