Audran

Audran

Familia de gravadores, pintores e tapiceiros franceses dos ss XVII-XVIII. De entre os seus membros destacan: Claude II Audran (Lyon 1639 - París 1684), pintor e colaborador de Charles Lebrun na ornamentación do Louvre e de Versalles; Gerard II Audran (Lyon 1640 - París 1703), gravador de Luís XIV no taller dos Gobelinos, que realizou reproducións a buril con moita precisión e finura; Claude III Audran (Lyon 1658 - París 1734), pintor de arabescos que contribuíu en boa medida á creación do estilo ornamental do s XVIII e que traballou na decoración dos palacios reais; e Benoit II Audran (París 1698 - 1772), gravador, intérprete das obras de Watteau.