augacento -ta

augacento -ta

(

  1. adx

    Que é semellante á auga, ou que ten excesiva auga. Aplícase especialmente ás froitas con moito zume.

    Ex: Este leite non vale nada, é moi augacento.

    Sinónimos: auguento.
  2. adx

    Aplícase ao terreo que rezuma auga.

    Ex: Os terreos augacentos da beira dos ríos son bos para o pasto.

  3. adx

    Dise do tempo húmido ou chuvioso.

    Ex: O tempo augacento do outono non conseguía poñela triste.

Palabras veciñas

Auga da Laxe | Auga dos Cebros | Auga Levada, serra da | augacento -ta | augada | augadeira | augado -da