augadoiro
augadoiro
(< auga)
-
s
m
Lugar onde acostuman ir beber algúns animais salvaxes.
Ex: Foi ata o augadoiro que lle dixeran para fotografar os cabalos.
Sinónimos: bebedoiro. -
s
m
Lugar onde se deposita a auga.
Confrontacións: bebedoiro, vertedoiro. -
s
m
Peza de roupa exterior que impide o paso da auga.
Ex: É mellor que poñas un augadoiro, senón vaste arrefriar.
-
s
m
Elemento que se emprega para regar.
Ex: Colleu o augadoiro para botarlle auga ás rosas.
-
s
m
[ETN/AGR]
Utensilio portátil formado por unha cunca de madeira suxeita á extremidade dun pau longo e que se emprega para regar hortas. Normalmente se aproveita a auga dun río ou rego para a súa distribución.
Sinónimos: garabano.