Augustais

Augustais
[HIST]

Festas instituídas en Roma e noutras cidades do Imperio Romano na honra de Augusto, a raíz do seu retorno triunfal de Oriente (19 a C). Tiñan lugar cada ano no mes de outubro. Orixinariamente duraban un día, nelas se consagraba un altar á Fortuna Redux, pero baixo Claudio incorporaron uns xogos e chegaron a durar dez días.

Palabras veciñas

August, Bille | Augusta | Augusta | Augustais | augustal | Augustinus | Augusto