augusto -ta
(
-
adx
Que inspira reverencia e admiración pola súa grandeza, excelencia, dignidade ou supremacía.
Ex: O augusto emperador recibiu ós vencedores cun gran banquete.
-
adx
Na Roma da Antigüidade, cualificativo titular de orixe relixiosa tomado do vocabulario dos augures que significa ‘sublime’, ‘excepcional’. Foi outorgado polo Senado a Caio Xulio César Octaviano -coñecido dende entón como Octavio Augusto- no ano 27 a C, co que se destacaba o carácter divino da institución imperial. Como alcume dos césares foi empregado posteriormente na titulación de todos os emperadores romanos, perdendo o seu significado primeiro. Os gregos traduciron o título por sebastós, forma que se documenta nas inscricións do imperio oriental. Foi empregado en épocas posteriores polos emperadores romano-xermánicos.
-
s
m
Personaxe cómico do circo que viste ridiculizando a moda masculina, co rostro engurrado e o nariz vermello.