Aula Ínfima

Aula Ínfima

Publicación universitaria en galego nada en maio de 1990 e subtitulada “Revista dos estudantes da Faculdade de Xeografía e Historia”, promovida por varios colectivos e dirixida por Xoán M. Pérez Argibay e Francisco Xabier Legaspi Díaz. Participaron como redactores Carlos Morais, Mari Carnota, Arantxa Vaquero e Raimundo Viejo, entre outros. Colaboraron nela Xavier Manteiga, Daniel Porto Vaqueiro, Xerardo Pereiro e Xabier Vilhar Trilho. Incluía información sobre temas de actualidade como a guerra, a insubmisión, o sexo, etc, entrevistas a persoeiros da cultura e da educación como Ramón Villares e Bernardino Graña, música, debuxos, caricaturas e fotografías, e unha sección literaria.