Aulenti, Gae

Aulenti, Gae

Deseñadora e arquitecta italiana. É coñecida sobre todo polos encargos que fixo para as seguintes firmas: Olivetti, en París e Bos Aires; Knoll International, en Boston, Nova York e Milán; Dior, en París, e Fiat, en Turín. Especialista na preparación de espazos interiores, realizou a remodelación de diversos museos, como o Museo do século XIX, en París, e o Museo de Arte de Catalunya, en Barcelona. No campo do deseño industrial, dedicouse ao moble e ás lámpadas. Fixo exposicións en Nova York, París, Toquio e Milán. Colaborou na revista Casabella e realizou deseños para o teatro (escenografías para L. Ronconi).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Palazzolo dello Stella, Friül

  • Falecemento

    Lugar : Milán