Auñón, Xoaquín

Auñón, Xoaquín

Cóengo e primeiro reitor do colexio fundado por Fonseca en Santiago de Compostela (1522). Foi nomeado administrador do Hospital Real en abril de 1521 sucedendo a Pedro de Aragón. Baixo a súa xestión unificáronse os cargos de administrador das rendas do Hospital e reitor do colexio, co que garantía a suficiente dotación orzamentaria e evitaba o desaloxo dos estudiantes.