Auriol, Vincent
Auriol, Vincent
Político francés. Foi deputado (1914) e secretario xeral (1914-1936) da Section Française de l’Internationale Ouvrière (Sección Francesa da Internacional Obreira, SFIO). Ministro de Finanzas do goberno de Léon Blum (1936-1937), de Xustiza do goberno de Chautemps (1937-1938) e de Estado do segundo gabinete Blum (1938). Negou os plenos poderes ao mariscal Pétain (1940), quen o encarcerou. Evadido, uniuse á Resistencia (1943). Foi ministro de Estado no gabinete de De Gaulle (1945), Presidente das asembleas constituínte (1945) e nacional (1946) e primeiro Presidente da IV República (1947-1954).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Revel, Comenges -
Deceso
Lugar : París