Aurora
Aurora
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Aurora, deusa romana da alba. As primeiras hipóteses facían derivar este nome de aurum ‘ouro’, pola cor do ceo no amencer, non obstante parece ter unha raíz indoeuropea que se ve representada no grego α ὕ ριον ‘mañá’. Na mitoloxía grega e romana, Aurora é unha deusa irmá de Helio (o Sol) e Selene (a Lúa) que pertence á primeira xeración divina, a dos Titáns. Por mor dos seus amores con Ares, a envexosa Afrodita castigouna a estar eternamente namorada. No mundo cristián conmemórase unha santa Aurora (ou Orora), venerada xunto con san Brandán na illa de Man. A súa festividade celébrase o 19 de xuño ou o 13 de agosto.