aurora
(
-
s
f
Claror avermellado que precede á saída do sol.
Ex: A aurora anuncia o comezo do día.
Sinónimos: albor. -
s
f
Momento de saír o sol.
Ex: Levantáronse para ver a aurora.
Sinónimos: abrente, alba, albor, alborada, amañecer, amencer, rompente. -
s
f
Comezo dunha cousa.
Ex: Aquilo sucedeu na aurora da humanidade.
Sinónimos: albor. -
s
f
[AGR]
ariedade francesa da cebada para facer cervexa, seleccionada a partir da variedade Quenia. É moi produtiva e de precocidade mediana. É sensible ao carbón e resistente á helmintosporiose e ao mildeu.
-
aurora polar
[METEOR]
Meteoro luminoso que se produce na alta atmosfera, cerca das rexións polares, de orixe ligada a emisións solares. Eugene Goldstein deduciu en 1881 a orixe solar das auroras e Kristian Birkeland reproduciu unha nun laboratorio. O plasma solar penetra ata unha distancia duns seis radios do centro da Terra e provoca ondas magnetohidrodinámicas; estas penetran ata uns 100 km da superficie da Terra onde ionizan o osíxeno e o nitróxeno existentes, que producen as radiacións aurorais. Fórmanse nas zonas polares, norte (auroras boreais) ou sur (auroras austrais). Poden tomar diferentes formas: de arco (continuo, con estrías radiais ou completamente raiado); de bandas cunha forma semellante aos arcos; de arcos e bandas deformadas; de pequenos feixes de luz illados; de laparadas moi difusas, etc. As auroras clasifícanse segundo a súa luminosidade: se é semellante á da Vía Láctea (tipo de intensidade I), á recibida da Lúa debaixo dun teito de cirros (tipo II), de cúmulos (tipo III), ou ben sen nubes (tipo IV). Unha aurora de tipo IV ou ben de tipo III brillante é de cor amarela ou verde, e ocasionalmente violeta ou vermella. As dos tipos I e II e as máis escuras do III non teñen cor apreciable.