albor

albor

(< albo)

  1. s m

    Calidade de branco.

    Ex: Sorprendeume o albor desta roupa.

    Sinónimos: albura, brancor, brancura.
  2. s m

    Luz da alba.

    Ex: Chegamos á cidade no mesmo albor do día.

    Sinónimos: abrente, alborada, amencer, aurora, rompente.
  3. s m

    Orixe ou principio da existencia de algo.

    Ex: Os primeiros albores da súa mestría xa se deixaron intuír no seu primeiro concerto de frauta.

Palabras veciñas

albomicina | albóndega | Alboni, Marietta | albor | Albor | alborada | Alborada