albóndega
albóndega
(< ár al-búnduqa ‘abelá, boliña do tamaño da abelá’)
s
f
[ALIM]
Pequena bóla elaborada cunha mestura composta por carne picada (xeralmente vaca ou porco), miolo de pan (mollado en leite e escorrido), ovo batido e fariña, condimentado con sal, pementa, noz moscada e, en ocasións, allo e perexil. Sérvese como aperitivo ou como prato acompañadas dunha salsa e de gornición.
Ex: Probamos albóndegas no restaurante que inauguraron onte.
Citas
- Probamos albóndegas no restaurante que inauguraron onte.