albóndega

albóndega

(< ár al-búnduqa ‘abelá, boliña do tamaño da abelá’)

s f [ALIM]

Pequena bóla elaborada cunha mestura composta por carne picada (xeralmente vaca ou porco), miolo de pan (mollado en leite e escorrido), ovo batido e fariña, condimentado con sal, pementa, noz moscada e, en ocasións, allo e perexil. Sérvese como aperitivo ou como prato acompañadas dunha salsa e de gornición.

Ex: Probamos albóndegas no restaurante que inauguraron onte.

Citas

  • Probamos albóndegas no restaurante que inauguraron onte.

Palabras veciñas

Alboiro | Albolote | albomicina | albóndega | Alboni, Marietta | albor | Albor