Albor

Albor
[PUBLIC]

Boletín informativo gratuíto aparecido en maio de 1953 en Betanzos e subtitulado “Boletín informativo del Instituto Laboral”. Cesou a súa edición en febreiro de 1956. Foi dirixido por Xosé Antonio Míguez Rodríguez e nel colaboraron alumnos e profesores do devandito centro. Impreso na Coruña, editaba tres números por curso informando de problemas do ensino laboral e da vida local e comarcal, xunto con datos dalgunhas conferencias de profesores do Instituto.

Palabras veciñas

albóndega | Alboni, Marietta | albor | Albor | alborada | Alborada | Alborada