Alborada
Alborada
[ONOM]
Nome derivado de albor, que procede do latín serodio alborem e este de alba ‘branca’, palabra que por metonimia designou o ‘abrente, amencer’ porque a aurora branquea a noite escura coa chegada da luz. Alvor xa aparece na poesía medieval en Xoán Arias de Santiago e en Afonso X. Como nome propio é de introdución moi recente. Non hai ningunha santa con este nome.