alborada
(< albo)
-
s
f
[METEOR]
Tempo que transcorre dende o resplandor da alba ata a saída do sol.
Ex: Espertei na alborada e fiquei marabillado polo sol.
-
s
f
[LIT]
Composición poética de orixe popular, a miúdo cantada, que expresa sentimentos, relacionada coa aparición da mañá e que foi recollida e reelaborada pola poesía culta.
-
s
f
[MÚS]
Forma musical esencialmente instrumental (gaitas e arruídos, sen bombo) tipicamente utilizada no albor dos días de festa, anunciándoa. Popular e de antiga orixe, a súa estrutura ortodoxa comeza por un breve preludio libre (improvisación para tento do instrumento) ao que segue unha melodía que se move no ámbito da oitava principal da gaita, por degraos inmediatos ascendentes, descendendo de maneira análoga para rematar, e intercalando no desenvolvemento numerosos e variados recursos ornamentais en sentido amplo (descomposicións en gruppettos de diferente orde, apoiaturas, mordentes, etc). Ás veces a gaita comprácese en fuxir, nestas ornamentacións, do ritmo ostinato que mantén sempre o tambor. Na actualidade as alboradas mestúranse con pasarrúas, con melodías procedentes doutras formas populares, mesmo vocais, e con coda de remate. Tamén é un xénero de poesía culta baseada na tradición popular. Na nosa cultura destacan a Alborada de Veiga, do compositor Pascual Veiga e o poema titulado Alborada, de Rosalía de Castro, incluído en Cantares Gallegos (1863).
-
s
f
[MÚS]
Paseo dun grupo facendo música polas rúas.
Ex: Desfilou a alborada coa ledicia dos rapaces nas facianas.
-
s
f
[MÚS/BÉL]
Toque militar realizado xeralmente coa corneta ao mencer, sempre previo ao izamento da bandeira.
Ex: Tralo toque da alborada, espertaron os soldados.
-
[MAR]
lance de alborada