Aurora, La

Aurora, La

Semanario aparecido o 22 de agosto de 1867, que cesou o 13 de setembro de 1868. Subtitulábase “Periódico de literatura, moralidad y recreo”. Impreso por Francisco Suárez, colaboraban como redactores Eduardo Caamaño, Gregorio Lago, Enrique Lacaci e Ricardo Obertín, entre outros. Incluía seccións de viaxes, arte, literatura e revista da semana.