Auster, Paul
Escritor. Despois de dedicarse a oficios moi diversos, o éxito da súa narrativa chegou coa triloxía New York Trilogy (1985-1986), formada por City of Glass, Ghosts e The Locked Room. Anteriormente publicara un primeiro volume de memorias, The Invention of Solitude (1982), e continuou a súa obra narrativa con In the Country of Last Things (1988), Moon Palace (1989), The Music of Chance (1990), Leviathan (1993) e Mr. Vertigo (1994). Cultivou tamén a poesía, Disappearances (1988), e o ensaio, The Art of Hunger (1982). Recibiu o Premio Morton Dauwen Zabel da Academia e do Instituto de Estudios Americanos para as Artes e as Letras (1990). Foi o guionista das películas de W. Wang Smoke (1994) e Blue in the Face (1995) e o director de Loulou on the Bridge (1997), rodada a partir dun guión propio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Newark, EE UU