Austin

Austin

Capital do estado de Texas, nos EE UU, á beira do río Colorado (465.622 h [1990]). Mercado agrícola e centro industrial. É a sede da Universidade de Texas, fundada en 1881. O nome da cidade procede do seu fundador, o colono Stephen Fuller Austin.