Australia Meridional

Australia Meridional

Estado de Australia á beira da Gran Baía Australiana (984.000 km2; 1.427.936 h [1995]). A súa capital é Adelaide. A poboación xúntase nas penínsulas de Eyre e Yorke. O clima é desértico no NO. A pluviosidade aumenta cara ao S ata chegar a un clima temperado cálido. Os principais recursos económicos son a agricultura, a gandería e a industria. Colonia británica dende 1836, no 1901 converteuse en estado da Commonwealth de Australia.