Austrasia

Austrasia

Reino da monarquía franca da que foi separada e á que foi reincorporada en distintas ocasións. Comprendía esencialmente o que despois constituíu a Alta e a Baixa Lotarinxia, Franconia e Alemaña, e durante varios períodos tamén a totalidade ou parte da Champaña, Frisia, Turinxia e Baviera. A súa capital habitual era Metz. Despois da repartición do reino dos francos por Clodoveo I (511), Austrasia entrou no proceso de divisións, reunificacións e loitas dinásticas do período merovinxio do reino franco.