austro-prusiana, guerra

austro-prusiana, guerra
[HIST]

Conflito bélico motivado pola rivalidade entre Austria e Prusia pola hexemonía dentro do conxunto de estados alemáns, provocado por mor da administración conxunta dos ducados de Schleswig e Holstein, que foran cedidos por Dinamarca como consecuencia da guerra de 1864.Ó remate do conflito, Austria quedou completamente apartada de Alemaña, foi disolta a Confederación Xermánica, e Prusia incorporou Hannover, Hessen, Nassau, Frankfurt, Schleswig e Holstein. Austria perdeu o Véneto, que pasou a Italia, aliada de Prusia durante a guerra. A derrota influíu na nova forma de organización do Imperio de Austria, que se converteu na monarquía austrohúngara (1867).

Palabras veciñas

austro | austro- | austro-asiático -ca | austro-prusiana, guerra | austrohúngaro -ra | austromarxismo | austromediterráneo -a