Aute, Luis Eduardo
Aute, Luis Eduardo
Cantautor e poeta. En 1958 foi guitarrista dos grupos Los Tigres e Los Sonor. En 1961 deuse a coñecer no programa Salto a la fama de TVE. Os seus primeiros discos, na década dos sesenta, foron en solitario. Son súas algunhas das cancións que gravou e editou Massiel (“Rosas en el mar” e “Aleluya”) que obtiveron un enorme éxito en 1967. Malia que a súa popularidade comezou na década dos setenta (“Al alba”), a súa carreira de compositor e editor colleitou numerosos triunfos, entre os que destacan o seu disco Mano a mano (1993), gravado en directo con Silvio Rodríguez, Alevosía (1995) e Animal (1995), un disco-libro. Da súa produción literaria destacan La matemática del espejo e La liturgia del desorden.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Manila