autogamia

autogamia

(< auto- + grγάμια ‘que une’)

  1. s f [BIOL]

    Tipo de fecundación na que os gametos femininos dun organismo hermafrodita son fecundados por gametos masculinos procedentes deste mesmo organismo. Nas plantas fanerógamas fálase de autogamia estrita cando o pole fecunda a propia flor e de xeitonogamia cando fecunda outra flor da mesma planta. Preséntase tamén nalgunhas especies de gasterópodos e nematodos.

    Sinónimos: autofecundación. Confrontacións: alogamia.
  2. s f [BIOL]

    Forma de sexualidade propia dalgúns organismos unicelulares, especialmente os paramecios, na que se unen dous núcleos haploides dunha mesma célula, procedentes dun único núcleo primitivo para formar un cigoto diploide. Estes procesos de autogamia están asociados a modificacións ambientais.

Palabras veciñas

autofinanciar | autofonía | autofundente | autogamia | autognose | autogoberno | autografar