autogoberno

autogoberno

(

  1. s m [POLÍT]

    Facultade mediante a que un país constituído en estado soberano pode decidir por el mesmo o seu status político, económico, social e cultural. Esta facultade chámase tamén autodeterminación, e constitúe o aspecto interno da independencia política; no plano das relacións internacionais está recoñecida a través do principio de non-intervención.

  2. s m [POLÍT]

    Situación dunha entidade política que mantén un vínculo directo respecto doutro estado -normalmente en defensa e relacións exteriores-, pero que goza de soberanía plena, ou case plena, no que se refire á organización política, económica, social, cultural e á administración interior. A miúdo é a fase de transición dunha colonia cara á plena independencia.

Palabras veciñas

autofundente | autogamia | autognose | autogoberno | autografar | autografía | autográfico -ca