Autol
Autol
Municipio da Comunidade Autónoma de La Rioja, drenado polo río Cidacos (3.381 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, destacando os produtos da horta, os cereais, a vide e as froiteiras. As actividades industriais céntranse na transformación dos produtos agrarios locais, principalmente empresas produtoras de conservas vexetais. Tamén son relevantes as canteiras de xeso.