autooxidación

autooxidación

(

  1. s f [ALIM]

    Alteración non encimática oxidativa das graxas insaturadas coa formación de compostos carbonílicos, ácidos e polímeros, que alteran as propiedades sensoriais físicas (viscosidade, consistencia, etc) dos alimentos. Nas reaccións de autooxidación interveñen o osíxeno e as radiacións, e son catalizadas por metais (cobre e ferro). Contrólase mediante aditivos antioxidantes, reactivos secuestradores, desaireación ou protección da claridade.

  2. s f [QUÍM]

    oxidación autocatalítica.

Palabras veciñas

autonomista | autónomo -ma | autoodio | autooxidación | autoplastia | autoplástico -ca | autopoética