autopoética
autopoética
(
s
f
Texto no que un autor literario enuncia os principios creativos que rexen as súas propostas estéticas, acompañado ou non doutro tipo de declaracións éticas, ideolóxicas, sociais, etc, que o autor desexa facer públicas. Por exemplo: “Con palabras gastadas polo uso / como eses vellos naipes das familias, / coas palabras do amor ou das conversas, / sentámonos de novo na partida. / Cazadores nas vellas edicións, / rebuscamos tesouros, melodías / para sermos antigos e modernos, / para non traizoar a poesía.” (“Poética”, Ramiro Fonte, O cazador de libros, 1997).