autoritario -ria
autoritario -ria
(< autoridade)
-
adx
Que impón aos outros a súa vontade apelando á súa importancia, capacidade, forza, etc, sen atender á opinión do resto.
Ex: O seu carácter autoritario fai moi difícil a convivencia, porque sempre hai que facer as cousas á súa maneira.
-
adx
[POLÍT]
-
Que sostén, en política, o principio de autoridade.
-
Aplícase ao réxime político, estado, etc, no que o poder está sendo exercido sen permitir a oposición.
-
-
adx
[PSIC]
Dise da personalidade caracterizada pola disposición á conformidade, á obediencia e ao respecto por quen detenta o poder ou a autoridade superior, amais do convencionalismo, da arrogancia e o menosprezo aos grupos minoritarios e aos individuos de status social inferior.