autoridade

autoridade

(

  1. s f

    Dereito e poder de mandar, de rexer ou de dirixir.

    Ex: Os ministros cuestionaron a autoridade do presidente nese asunto.

    Confrontacións: potestade.
  2. [DER]
    1. s f

      Poder regular exercido sobre unha ou varias colectividades de forma que esta ou estas reciban unha certa orde de subordinación e superordinación, así como tamén un sistema de dereitos e deberes. É unha das formas capitais do poder. Comporta un certo grao de aceptación por parte da colectividade. Max Weber distinguiu a autoridade tradicional, baseada na crenza nun poder conferido polo tempo e a tradición a certos individuos e institucións (monarquía), a autoridade legal-racional, baseada na crenza nuns principios chamados racionais (estados constitucionais) e, finalmente, a autoridade carismática, baseada nunha crenza nos poderes excepcionais dun dirixente. Isto permite identificar determinadas institucións de autoridade como a igrexa, a monarquía ou o consello de ministros, que se apoian nunha combinación dos tres tipos de autoridade citados por Weber. O sentido clásico da autoridade é o termo romano de autoritas, que completaba o contido dos actos da vontade popular (a potestas ou poder) achegándolle razóns baseadas nos valores, crenzas e intereses compartidos pola comunidade. Nun sistema democrático implica unha calidade das comunicacións entre gobernantes e gobernados da que depende que o poder sexa ben a expresión da vontade popular, ben o instrumento dominante dun grupo.

    2. autoridade paterna

      A exercida polo pai ou por quen o substitúa. É un dos aspectos da patria potestade.

    3. principio de autoridade

      O que admite a necesidade dunha autoridade soberana.

  3. s f [DER]

    Persoa investida de propiedades imperativas. Como consecuencia da súa investidura, as autoridades teñen a posibilidade de ordenar e de facer obedecer inmediatamente os seus mandamentos dentro da esfera das súas potestades, ademais do poder xeral que lles permite manter a orde e dirixir as actuacións en todos os actos públicos que presidan. Gozan dunha protección penal especial. Cómpre non confundir o concepto de autoridade pública co de funcionario público.

    Ex: As autoridades da vila encabezaban o desfile todos os anos.

  4. s f
    1. Coñecemento ou dominio que alguén ten sobre unha certa materia ou asunto, polo que a súa opinión prevalece sobre a dos demais.

      Ex: Enumerou con solemne autoridade os principais puntos nos que se basea a súa teoría.

    2. [FILOS]

      Prestixio ou ascendente dunha persoa, escola ou obra en tanto que determina o asentimento dunha verdade, independentemente das evidencias que se teñan para a proposición enunciada.

    3. [LING]

      Texto dun escritor de prestixio que sostén o sentido dunha palabra ou o emprego dunha construción sintáctica.

    4. [PEDAG]

      Capacidade que o educador ten que suscitar na actividade do neno.

    5. [RELIX]

      Dereito ou poder que se recoñece nunha persoa ou cousa (por exemplo, un libro), segundo o que se acepta a verdade duns feitos ou a validez dunha orde, non inmediatamente evidentes.

  5. s f

    Persoa que domina ou coñece á perfección unha certa materia ou asunto.

    Ex: Seu pai é unha autoridade en astrofísica.

    Sinónimos: eminencia.
  6. s f [LING]

    Estatuto no que os falantes dunha lingua recoñecen capacidades suficientes para definir o que é correcto ou incorrecto nunha lingua.

  7. s f [LIT]
    1. Calidade dun texto literario que adquire un status canónico e pasa a formar parte dun sistema de valores aceptado.

    2. Na narratoloxía, grao de coñecemento dos feitos contados polo narrador.

Refráns

  • Amor e señoría non sofren compañía.
  • Cada galo canta no seu galiñeiro / no seu poleiro.
  • Cada galo canta no seu galiñeiro; e o que é bo, no seu e no alleo.
  • Cada un é pai dos seus fillos.
  • Cada un manda na súa casa.
  • Cada un manda no seu e fai o que lle peta.
  • Coa autoridade e a Inquisición ¡chitón!
  • Coa autoridade nunca teñas manualidade.
  • Contra un pai nunca hai razón.
  • Mandar non quere par.
  • Moito pode o moucho no seu souto.
  • Na casa en que non hai gatos, campan os ratos.
  • Na casa en que non hai gatos, non faltan ratos.
  • Non hai besta sen freo nin espora.
  • O que a loba fai, o lobo non o desfai.
  • Pode máis o moucho no seu souto que no de outro.
  • Quen manda, manda; e que n obedece, panda.
  • Rei é quen rei non ve.
  • Se queres coñecer a Pedriño, dálle un mandiño.
  • Unha mestra para moitas abellas e un pastor para moitas ovellas.
  • ¡Deus che dea poder na vila e na túa casa fariña!
  • ¡Pobre da casa onde a galiña canta e o galo canta!

Palabras veciñas

autopublicidade | autor -ra | autoría | autoridade | autoritario -ria | autoritarismo | autoritas*