autotransformador
autotransformador
(
s
m
[TECNOL]
Transformador provisto dun único enrodelamento por columna que fai simultaneamente os papeis de primario e de secundario. Os terminais do circuíto de alta tensión son sacados do enrodelamento e, os de baixa tensión, dun punto do medio. Pode servir como elevador ou como redutor de tensión. É máis económico que un transformador común, pero no caso de cortarse fortuitamente o enrodelamento común, o circuíto de baixa tensión recibe a alta tensión directamente, e iso limita o seu uso.