autotransfusión
(
-
s
f
[MED]
-
Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio. Isto conséguese comprimindo cunha vendaxe os puntos máis distais do sistema (brazos e pernas), reducindo así o continente.
-
Método para retornar o sangue extravasado á circulación. O sangue vertido na cavidade peritoneal, sobre todo en casos de ruptura dun embarazo ectópico ou do bazo, recóllese durante a intervención cirúrxica e transfúndese inmediatamente á circulación xeral do paciente.
-
-
s
f
[MED]
Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha necesidade futura, como é o caso da práctica dunha intervención cirúrxica. Este método evita a posibilidade de transmisión de enfermidades infecciosas e os efectos secundarios que eventualmente se producen nas transfusións de sangue de doadores. Se esta técnica se emprega en deportistas ou en animais de carreiras considérase dopaxe.