autunita
autunita
s
f
[MINERAL]
Uranofosfato de calcio hidratado, de fórmula Ca(UO2)2(PO4)2·10-12H2O. Cristaliza no sistema tetragonal, pero opticamente ten propiedades rómbicas. Preséntase en cristais tabulares illados ou en escamas. É dunha cor amarela verdosa e translúcida. Ten exfoliación perfecta, dureza 2-2,5 e peso específico 3,2. Presenta unha fluorescencia verde moi intensa baixo luz ultravioleta e é moi radioactiva.