auvernés -sa
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Auvernia ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Auvernia (Auvergne).
-
s
m
[LING]
Dialecto occitano que, xunto co lemosino e co provenzal alpino, forma o noroccidental, é dicir, un conxunto caracterizado esencialmente pola palatalización de ca e ga latinos: capra > chabra, galus > jau/jal. Dentro deste conxunto o auvernés distínguese, sobre todo na baixa Auvernia, por unha evolución fonética moi avanzada. O fenómeno máis notable é a serie de palatalizacións condicionadas que afectan a todo tipo de constantes. Así, os termos do occitano medio llibre, dire, vinha, nud, cuba, quitar, pronúncianse en baixo auvernés coa consoante inicial palatalizada, que podería transcribirse: lybre, dyire, vynha, nyud, tyuba, tyitar, txitar, tsitar, etc.