Avante!
Avante!
Publicación quincenal editada en Marín nos primeiros días de 1915. Serviu de voceiro á Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia e foi dirixida polo militante socialista Xosé Hervés Hermo, secretario da Federación Local de Trabajadores. A traxectoria do periódico estivo marcada pola intensa conflitividade mariñeira que viviu o porto de Marín naquel ano. Entre os seus colaboradores figuraba Lourenzo Corbacho.